AÑO 2013 – 55 EDICIÓN
O Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituído en Xurado para fallar o LV Premio Fernández Latorre, instituído en memoria do fundador de La Voz de Galicia, acordou conceder por unanimidade:
O Premio Fernández Latorre, na súa edición do 2013, dotado con 10.000 euros, a Editorial Galaxia.
O Xurado valorou especialmente a contribución da editorial á recuperación e fomento da lingua e a cultura galegas e o seu compromiso inquebrantable co patrimonio cultural de Galicia, que se ten concretado na publicación dos autores máis destacados da comunidade ata formar un catálogo vivo de mil títulos. Destacou así mesmo o seu papel dinamizador da vida intelectual galega e a posta en marcha de proxectos tan ambiciosos e fundamentais para a comunidade como a Fundación Penzol e a revista Grial.
O xurado desta 55.ª edición do Premio Fernández Latorre estivo constituído polas seguintes persoas: Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente da fundación; Lois Blanco Penas, Roberto L. Blanco Valdés, Sergio Cancelo Mallo, Luciano Vidán Martínez, vogais; José Francisco Sánchez Sánchez, vogal e director da fundación; Xosé Luís Vilela Conde, director de La Voz de Galicia, e Manuel Areán Lalín, vicepresidente da Fundación, que actuou tamén como secretario.
O premio entregouse nunha gala que se celebrou no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre o 21 de novembro.
- Información publicada en La Voz de Galicia o 22 de novembro (contén os discursos do acto de entrega do Premio pronunciados polo director xeral de Galaxia, o editor e presidente de La Voz e o presidente da Xunta de Galicia)
- Álbum de fotos da entrega do Premio
- Perfil da Editorial Galaxia
- Informacións publicadas en La Voz de Galicia o 25 de xullo
- Bases de LV Premio Fernández-Latorre